Powered By Blogger

Buscar este blog

Seguidores

vuelos baratos

martes, 21 de diciembre de 2010

Programa REDES de divulgación científica

Xa que temos iniciado no foro o debate das novas tecnoloxías, este programa é acaido como recomendación,  xa que todo el xira en torno as aplicacións das novas tecnoloxías. Para exemplo o do video "Crear hoy las escuelas del mañana".
Máis do programa no seguinte enderezo: http://www.rtve.es/television/redes/

jueves, 16 de diciembre de 2010




 


Acabo de ver IMPRESCINDIBLES na 2 que hoxe adicaban a Maruja Mallo, interesante muller, artista e galega. Se queres indagar sobre a súa figura pincha Saber máis de Maruxa Mallo

miércoles, 8 de diciembre de 2010



Stephanie Zimbalist - Laura Holt
Pierce Brosnan - Remington Steele

 A miña serie favorita. Encantábame, gran química entre os personaxes, bo ritmo no argumento, episodios non demasiado longos, ou alomenos iso me parecía a min, que sempre me sabían a pouco.

A serie ía dunha muller que pretende ser detective e que monta o seu propio despacho. O problema é que ela empeza a intuir que os seus potenciais clientes non lle contratan casos ó ver que é unha muller. Para solucionalo invéntase unha persoaxe masculina que será quen levará os casos, e polo tanto, sempre estará ocupadísimo para atender ós clientes.

Todo sae á perfección ate que, polo que recordo, un día nun hotel ó ser chamado o Sr. Steel, alguén responde afirmativamente e faise pasar polo Sr. Steel inventado. A partir de aí, transcurren os episodios e o Sr. Steel quédase para o goce de tódolos seus seguidores. Os guionistas encargáronse de, como non ía ser doutro xeito, “enrollalo” coa protagonista femenina e crearon unha parella televisiva que nos entreteu durante 94 episodios que nos souberon a pouco.

Xeniais! Unha magnífica serie.

E a que faltaba na foto, Doris Roberts - Mildred Krebs



domingo, 5 de diciembre de 2010

Intro La casa de la pradera



Outra mítica serie do prolífico Michael Landon, logo virían, Bonanza e Autopista hacia el cielo. Eu recordo máis Autopista... porque Bonanza xa me pilla moi nena, unha que inda é un jovencita!. Máis vídeos enlazados en youtube se pinchades nas nosas series. Por certo, as series todas veñen dobradas en español de México, así era como as viamos nós tamén.

sábado, 4 de diciembre de 2010

Irene Cara - Fame



Super coñecida canción de Irene Cara, a que tamén tiña o tema central da película "Flashdance", é que era a entrada da serie FAMA. Non fai moito que a idea, diante a escaseza de ideas novidosas, foi reutilizada para facer unha serie "á española".
Recordo moi ben a tódolos actores, algún dos cales, Leroy concretamente morreu de sobredosis, lástima, as veces pasa o de non saber leva-la fama.

martes, 30 de noviembre de 2010


Un dos acontecementos dos primeros anos da nosa tele foi a chegada do home a lúa.
Realidade ou farsa?
Hai moitos escépticos que din que foi todo un montaxe. Mira neste enlace e decide ti si foi real o foi un fraude

Los ángeles de Charlie-El extrangulador del payaso 2/5



Unha das miñas series favoritas, o que queira baixa-los capítulos para recordar pode visitar esta páxina.

http://www.megaupload.com/?d=UMQI4YG5