Powered By Blogger

Buscar este blog

Seguidores

vuelos baratos

miércoles, 8 de diciembre de 2010



Stephanie Zimbalist - Laura Holt
Pierce Brosnan - Remington Steele

 A miña serie favorita. Encantábame, gran química entre os personaxes, bo ritmo no argumento, episodios non demasiado longos, ou alomenos iso me parecía a min, que sempre me sabían a pouco.

A serie ía dunha muller que pretende ser detective e que monta o seu propio despacho. O problema é que ela empeza a intuir que os seus potenciais clientes non lle contratan casos ó ver que é unha muller. Para solucionalo invéntase unha persoaxe masculina que será quen levará os casos, e polo tanto, sempre estará ocupadísimo para atender ós clientes.

Todo sae á perfección ate que, polo que recordo, un día nun hotel ó ser chamado o Sr. Steel, alguén responde afirmativamente e faise pasar polo Sr. Steel inventado. A partir de aí, transcurren os episodios e o Sr. Steel quédase para o goce de tódolos seus seguidores. Os guionistas encargáronse de, como non ía ser doutro xeito, “enrollalo” coa protagonista femenina e crearon unha parella televisiva que nos entreteu durante 94 episodios que nos souberon a pouco.

Xeniais! Unha magnífica serie.

E a que faltaba na foto, Doris Roberts - Mildred Krebs



No hay comentarios:

Publicar un comentario